Axudas Plambe

O DOG do 13 de setembro publica a Orde de resolución do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2011/2012. Ao noso centro foille concedida unha axuda de 2.300 € para continuar desenvolvendo o Plan de Mellora da Biblioteca Escolar “Carola” co que se pretende modernizar e dinamizar este ámbito escolar dotándoa de novos medios audivisuais, mobiliario e fondos bibliográficos.

Por cuarto ano consecutivo recibimos este tipo de axudas grazas ao proxecto redactado polas responsables da Biblioteca do Ceip. de Figueiroa.