Plan Proxecta: Distribución de froitas frescas

aea4b819f6499f06fd008d66ed4bf64d c6c866cbe8d28d9f79ce916d575c6043

O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) convocou axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros educativos de Galicia para o curso 2012/2013 dentro do Plan de Consumo de Froita nas Escolas (Resolución do 8 de xuño de 2012, DOG do 15 de xuño de 2012), resultando admitido o noso Centro.

O programa de distribución de froitas aos centros escolares ten como potenciar o consumo de froitas entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo destes alimentos. Partindo da concesión da axuda para distribuír froita no centro, os equipos multidisciplinares de profesorado poden desenvolver actividades centradas nas prácticas de alimentación saudables que conformen un proxecto colaborativo integrado nas diversas programacións didácticas.

Este programa está incluído dentro do Plan Proxecta que é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos da administración autonómica (neste caso o FOGGA) dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.