Calendario escolar 2015-16

ORDE do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.
Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.
Nas ensinanzas de réxime especial as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2015 e 30 de xuño de 2016, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.
Períodos de vacacións:
Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive.
Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016.
Semana Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive.
Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2015/16 se celebrará o 30 de outubro de 2015.

pdf