Relación definitiva de admitidos 2014/15

O Consello Escolar do Ceip de Figueiroa en sesión extraordinaria celebrada o día 13 de abril, procedeu á adxudicación definitiva das vacantes ofertadas para o curso escolar 2014/15, tal como se indica a continuación:

Read more

Admisión / Matrícula

BAREMO: DOCUMENTACIÓN REQUERIDA

a) Por irmáns no centro: Libro de familia completo.

b) Por ser traballor do centro: relación funcionarial ou contrato.

c) Por proximidade

   1.do domicilio ao centro: certificado do padrón (mínimo un ano de antigüedade).

   2.do lugar de traballo ao centro: documento do empregador xunto con copia de contrato.

d) Por renda per cápita da unidade familiar: para o seu cálculo sumar as casillas 455+465

e dividir polo número de membros da unidade familiar.

e) Por condición de familia numerosa: certificado ou documento vixente.

f)  Por condición de familia monoparental: libro de familia, certificado ou resolución xudicial.

g) Por discapacidade do alumno, proxenitores, titores, ou irmáns: certificación de minusvalía.


Para comprobar que documentación ten vostede que achegar para completar o expediente pinche no icono (urxente)

icono.inform

Avaliación de Diagnóstico 2012/13

   Realizada a proba de avaliación de diagnóstico en cumprimento do establecido na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación, expóñense os resultados do centro en relación ás competencias avaliadas:

  • Competencia en comunicación lingüística.
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
  • Competencia matemática.

Arquivo

Programa de Inmersión Lingüística 2013

      O Ceip de Figueiroa foi seleccionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para participar no Programa de Inmersión Lingüística  a desenvolver no outono de 2013, de acordo co establecido na Resolución de 27 de agosto de 2013, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se adxudican as axudas destinadas a alumnos de Sexto de Educación Primaria e Segundo Curso de Educación Secundaria.

       En total foron seleccionados 16 CEIPs na Comunidade Auntónoma de Galicia, adxudicándoselle ao noso centro a 8ª quenda no Albergue de Ezcaray (La Rioja) a desenvolver entre o 17 e o 23 de novembro.

      Neste Programa de Inmersión Lingüística participarán 25 alumnos e alumnos e as dúas mestras que imparten a área de lingua estranxeira. Esta actividade, cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria, será gratuita para os alumnos, agás o desprazamento no caso de que o custo do mesmo sexa superior á cantidade que aporta a Consellería (2.500€).

      Este é o segundo ano no que o centro participa neste programa de Inmersión Lingüística que ten como obxectivo de promover a convivencia entre alumnos e alumnas de distintas comunidades autónomas e estimulando a práctica do idioma estranxeiro e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos que os que permite o centro escolar.

Lectores electrónicos

O Ceip de Figueiroa foi seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como un dos 25 centros piloto en Galicia para pór en marcha o Proxecto “E-LBE” que ten como obxectivo a incorporación de lectores electrónicos ou e-lectores ás Bibliotecas Escolares.

Esta iniciativa está incluída do Plan LIA de bibliotecas escolares e dirixida a centros que están integrados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).

O centro será convocado en datas breves a unha reunión informativa onde se fará entrega dos 3 dispositivos de lectura asignados.

Este novo logro supón un recoñecemento ao esforzo que nos últimos anos se ven facendo dende o centro (claustro e Anpa) para estar na vangarda das novas tecnoloxías aplicadas ao ensino.