Entroido 2016

   Onte, 5 de febreiro, tivo  lugar no pavillón do centro o tradicional festival de entroido no que participou a totalidade dos alumnos e alumnas matriculados neste curso escolar 2015/16. 

   A temática do mesmo xirou ao redor do Proxecto Integral de Centro que este ano leva por título "ESTRADA DE ESTRADAS"  e que como todos os anos parte da Biblioteca "Carola".  Con este proxecto o centro pretende achegar aos seus alumnos e alumnas o coñecemento da contorna e o por que somos o que somos e como chegamos ata aquí. Cada curso de nivel elixiu unha època da historia da Estrada e ao longo do curso traballará sobre a mesma (Druídas, Celtas, Romanos, Idade Media, Rapa das Bestas...).

   Desde o Claustro de profesores queremos manifestar o noso agaradecemento aos pais/nais pola súa colaboración para que un ano máis o noso entroido sexa unha referencia, desde  o punto de vista educativo, unha referencia noso concello. GRAZAS!!!!!

   Parabéns, tamén, para os/as "profes" polo seu compromiso e como non, aos NENOS E NENAS que con tanta ilusión prepararon os seus disfraces e coreografías.

   Deixámosvos AQUÍ unha pequena mostra fotográfica

                                                     P2400170                                        P2400165                                 
 IMG 2981 IMG 2922 
 IMG 2949 IMG 2911 

Admisión 2016/17

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2017/2018.

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición,

Publícanse, xa que logo, os formularios de solicitudes

 
         Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013

Días non lectivos 2015/16

DÍAS FESTIVOS NON LECTIVOS
DATA FESTIVIDADE
30 de outubro de 2015 DÍA DO ENSINO
7 de decembro de 2015 LIBRE ELECCIÓN
Do 21 decembro 2015 ao 6 xaneiro 2016 (inclusive) NADAL
8, 9 e 10 de febreiro de 2016 ENTROIDO
Do 21 ao 28 de marzo de 2016 (inclusive) SEMANA SANTA
16 de maio de 2016 LIBRE ELECCIÓN

 http://www.edu.xunta.es/web/calendarioescolar